Inicio
Máster Dual en Información Xeoespacial
O Máster Dual en Información Xeoespacial exponse como unha oportunidade para que os graduados de carreiras técnicas e/o científicas poidan mellorar a súa empregabilidade mediante o desenvolvemento de competencias e habilidades que lle permitan acceder ao emerxente sector das xeotecnoloxías e a industria xeoespacial.
Ofrécese unha formación integral, cunha metodoloxía dual baseada na aprendizaxe teórica-práctica Universidade-Empresa, para xerar perfís profesionais demandados no momento actual e cun crecemento esperable en anos próximos, tendo en conta a aposta decidida do goberno rexional por este sector.
O mestrado exponse cunha estrutura dual, de forma que os estudantes reciben unha base teórico-práctica durante 3 meses na universidade, para continuar cun período formativo de 6 meses nas empresas, contando cunha axuda ao estudio de 700,00 €/mes e alta na Seguridade Social, de forma que se facilite a inserción laboral dos egresados formados nos diferentes temas relacionados coas xeotecnoloxías e a industria xeoespacial.