O Máster Dual en Información Xeoespacial ten unha carga de 60 ECTS. Divídese en 8 materias, que conforman un total de 48 ECTS de carácter obrigatorio ao que se engade un Traballo de Fin de Mestrado de 12 ECTS.
Dende a perspectiva temporal, o mestrado estrutúrase en dous cuadrimestres, cunha carga de 30 ECTS en cada cuadrimestre, deixándose o Traballo de Fin de Mestrado para o segundo cuadrimestre.
Créditos totais ofertados: 60 ECTS.
| Materia | ECTS / Tipo |
|---|---|
| Introducción á Programación en Python | 3 / OB |
| Xestión de Datos Espaciais | 3 / OB |
| Adquisición e Procesamento de Imaxes | 3 / OB |
| Adquisición e Procesamento LiDAR | 3 / OB |
| Xeointelixencia Computacional | 3 / OB |
| Proxectos e Aplicacións xeoespaciais | 3 / OB |
| Seminario de Xeotecnoloxías | 6 / OB |
| Prácticas en empresa | 24 / OB |
| Traballo de Fin de Máster | 12 / OB |
