As persoas aspirantes deberán reunir, no momento de realizar a matrícula, algún dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión dun título universitario oficial español (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, enxeñeiro/a técnico/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a), ou calquera outra titulación oficial equivalente, ou outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que faculte no país expedidor do título para o acceso aos ensinos de mestrado.
- Estar en posesión do título oficial de graduado/a universitario.
- As persoas aspirantes con titulación estranxeira expedida por unha institución de educación superior non pertencente a un estado do EEES poderán acceder aos estudos de máster se cumpren algún dos seguintes requisitos:
- Estar en posesión dun título expedido por un sistema universitario estranxeiro e que estea homologado a un título español que habilite para o acceso aos estudos de mestrado.
- Posuír un título expedido por un sistema universitario estranxeiro, alleo ao EEES, e sen homologación, coa comprobación previa de que o título expedido polo sistema universitario estranxeiro acredita un nivel de formación equivalente ao correspondente título español de grao.