CB1
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2
Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3
Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4
Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5
Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG1
Que os estudantes adquiran coñecemento en geoinformación e intelixencia xeoespacial.
CG2
Que os estudantes adquiran coñecemento en geomática e enxeñaría cartográfica.
CG3
Que os estudantes adquiran a capacidade para analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas.
CG4
Que os estudantes adquiran o coñecemento para desenvolver bases de datos xeoespaciais, aplicar e desenvolver geoprocesos dependendo das necesidades existentes e aplicar as ferramentas tecnolóxicas de geovisualización de datos.
CG5
Que os estudantes coñezan e sexan capaces de aplicar os principios e metodoloxías da investigación como son a procura bibliográfica, a toma de datos e a análise e interpretación dos mesmos e a presentación de conclusións, de forma clara, concisa e rigorosa.
CE1
Que os alumnos adquiran coñecementos básicos en topografía, xeodesia, fotogrametría, tecnoloxía LiDAR, sistemas de posicionamento global e sistemas hidrográficos.
CE2
Que os alumnos adquiran coñecementos básicos de programación e manexen variables e sentenzas de control, así como que obteñan a capacidade de desenvolver algoritmos.
CE3
Que os alumnos aprendan a deseñar bases de datos e a realizar un modelado conceptual da información.
CE4
Que os alumnos adquiran coñecementos básicos en arquitecturas cliente-servidor e arquitecturas de aplicacións web.
CE5
Que os alumnos sexan capaces de realizar modelado conceptual (obxectos, campos e redes), modelado lóxico, (vectores, raster e grafos), arquitecturas SIX, indexación espacial e modelado da información espazo temporal.
CE6
Que os alumnos coñezan os conceptos básicos de procesamento espacial, funcións vectoriais, funcións ráster, análises de terreo, interpolación, predición espacial, funcións sobre redes, geoprocesos en bases de datos e xeoprocesos de diferente software comerciais.
CE7
Que os alumnos coñezan os diferentes modelos de datos 2D e 3D, modelos temporais, xeovisualización de datos, operacións en 3D, visualización de ferramentas de escritorio, creación de cartografía, e visualización web.
CE8
Que os alumnos coñezan os fundamentos da interoperabilidade e infraestruturas de datos espaciais, software e fontes de datos existentes, así como aplicacións en infraestruturas de transporte, minería, enxeñaría forestal, xestión de residuos, plan urbanístico, xestión ambiental e xestión do medio mariño.
CE9
Que os alumnos comprendan os fundamentos da computación de altas prestacións, así como que sexan capaces desenvolver algorítmica específica.
CE10
Que os alumnos coñezan as principais ferramentas de minería de datos espazo-temporais e que poidan desenvolver algorítmica en base a ela.
CT1
Poder integrar as informacións e datos achegados por diversos técnicos e ferramentas na redacción de conclusións de acción.
CT2
Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
CT3
Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
CT4
Concibir a Geoinformática como unha ferramenta de traballo transversal de aplicabilidade a multitude de sectores.