O Máster Dual en Información Xeoespacial ten unha carga de 60 ECTS. Divídese en 8 materias, que conforman un total de 48 ECTS de carácter obrigatorio ao que se engade un Traballo de Fin de Mestrado de 12 ECTS.

Dende a perspectiva temporal, o mestrado estrutúrase en dous cuadrimestres, cunha carga de 30 ECTS en cada cuadrimestre, deixándose o Traballo de Fin de Mestrado para o segundo cuadrimestre.

Créditos totais ofertados: 60 ECTS.

Materia ECTS / Tipo
Introducción á Programación en Python 3 / OB
Xestión de Datos Espaciais 3 / OB
Adquisición e Procesamento de Imaxes 3 / OB
Adquisición e Procesamento LiDAR 3 / OB
Xeointelixencia Computacional 3 / OB
Proxectos e Aplicacións xeoespaciais 3 / OB
Seminario de Xeotecnoloxías 6 / OB
Prácticas en empresa 24 / OB
Traballo de Fin de Máster 12 / OB